DESGASTADA, SORRÍ
No silencio do seu corazón
na súa vixilia de horas 
nun día enteiro
a rúa soporta todo embate
No silencio da súa alma
na paciencia desta dama
en unha noite enteira
a rúa asiste aos sen teito
Silenciosa, non fala máis
silenciosa, escoita moito
silenciosa, sofre moito
silenciosa, ama a todos os vivos
Desgastada, sorrí
desgastada, vive
desgastada, persevera
desgastada baixo os pasos dos incendiarios
Deslustrada, axuda 
deslustrada, socorre
deslustrada,  padece
deslustrada, xeme
Baixo o batallón da inimizade 
de vinganza e evasión
baixo os estragos da vida
derrama un torrente de bágoas.
Agossou Allangbé 



Comentarios