SEI QUE NON SEU EU

Pensamentos desacougantes

Cada mañá cando esperto sombrío 
Estou nervioso de que o sentimento nunca se vaia
Coma se estivese a dar voltas nun desaugadoiro, sei que non é así

Cada vez que vexo algo na rúa
Como unha muller drogada que nin sequera ten vinte anos
Ou un tipo desmaiado por unha sobredose
Sei que non son eu e sigo camiñando

Cada noite é igual, espértome ás tres da mañá
O auto no que estou está a afundirse no río 
Penso en todas as cousas que fixen e as persoas que me esnaquizaron
Sobre as oportunidades que desperdiciei e os golpes que lancei e
non desaparece ata que me durmo xusto antes de ter que levantarme de todos os xeitos

Cada vez que escoito aos meus veciños gritar ou
Escoito as noticias declarar un millón e unha traxedias
Sinto que non podo respirar e
cada accidente que vexo ou me perdo
Intento bloquealo e pensar na beleza
Tento lembrar que os pensamentos desacougantes
Son só pensamentos que me perseguen

The Haunting Thoughts
The Delines – Mr. Luck & Ms. Doom (Decor/El Cortez Records) 2025

Fotografías de © ARTEMissy Prince 

Comentarios

Publicacións populares