Pedín a un ladrón
que me roubase un pexego;
levantou a vista.
Pedín a unha dama
que se abrise de pernas;
fíxose a digna e empezou a berrar
Tan pronto como me fun veu un anxo;
chiscoulle un ollo ao ladrón
e sorriu á dama,
e sen dicir unha palabra,
tomou un pexego da árbore,
e gozou da dama.
Poemas manuscritos
William Blake
William Blake

.jpg)

.jpg)
Comentarios