TAN SÓ FUME
No tempo da desfeita das nacións
Tan só un home a rastrillar terróns,
de vagar, silenzoso,
e a vella besta, andando a tropezóns,
cabecea entre sonos.
Tan só o fume dos montóns de lesta,
esvaído, sen fogo;
mais isto seguirá, cando xa teñan
as Dinastías morto.
E máis alá, un mozo e unha moza
falando baixo veñen;
a noite nubrará da guerra a historia
antes que a historia deles.
Thomas Hardy
Pintura de Zdzisław Beksínski

.jpg)

Comentarios