XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN (1938-2026)


Conto 


Era Galicia esguío vento agudo

encrequenando en si tódalas cousas.

Era Galicia un arbre lentamente

ensumíndose un pouco cada hora.


Era Galicia cen avós de terra

sen vengar, mudos ecos que nos moven.

Era Galicia un mar perfectamente

denso, sen luz e con sabor a homes.


Era Galicia a patria do traballo

de nunca terminar, pola boroa.

Era Galicia un home sen cabeza.

Era unha vez Galicia, espranza angosta.

  Xosé Luís Méndez Ferrín. Fotografía, fonte: Arquivo da Real Academia Galega.











Comentarios

Publicacións populares